Os veciños das comarcas prefiren esperar ao final para buscar a sorte, coa excepción dos números de clubs ou asociacións
30 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Durante todo o verán estivo aberta á venda a lotería de Nadal nas administracións de Deza-Tabeirós Terra de Montes. As festividades navideñas comezan cedo na zona coa venda dos décimos no principal sorteo do ano, preparados para traer esperanza durante as festividades de inverno, aos afortunados que consigan un premio o vindeiro día 22 de Decembro. Con esta apertura prematura na venda de lotería, a clientela nesta época basease principalmente en peregrinos e xente que está de paso visitando a zona, tanto os que buscan levar un recordo —cun posible gran beneficio— como os que o usan como regalo para os seus seres queridos.
Dende a administración número 2 de Lalín, situada na praza da Mariña, comentan que «aínda que a venda dos boletos non terminou, os clientes que hai nesta época son xente que ven de paso ou peregrinos, a xente de aquí cómpraos moito máis tarde polo xeral, a non ser para un agasallo entre amigos e familiares».
A maiores destes clientes, as administracións tamén contan con compras —e masivas— por parte de asociacións, clubs ou empresas que buscan vendelas entre eles e obter un beneficio, co potencial de compartir o premio con persoas achegadas e seres queridos.
Para outro dos establecementos, a número uno, situada na rúa Principal, tamén en Lalín, asegura que este ano os números abonados son os máis solicitados. «Además de los números de siempre que pide todo el mundo, los acabados en 13, 17 y 69 entre otros, los que más se piden, al menos durante esta época, son los abonados, los de esta zona son el 29.876, 20.151 y 42.675» din dende a administración, que non é allea a repartir sorte, en pé dende 1965, con múltiples premios repartidos, entre eles o máximo premio da Bonoloto —154.854,92 euros— en 2018.
O número de vendas parece ser unha boa previsión para as administracións, aínda que insisten que aínda queda moito para os festexos de Nadal. Ángeles Bahamonde, da administración número un da Estrada, expón esta situación: «Agora aínda son turistas e familiares que veñen de visita, esperamos que o máis gordo veña máis adiante, aínda que agora mesmo as festas están traendo moita xente». A comerciante asegura que os números máis vendidos son os fixos da administración. «Véndense máis números pero os principais son o 25.148 e o 20.928 algo que parece repetirse ao longo dos anos e definitivamente parece funcionar», apunta.
O consenso xeral dende as administracións parece ser unha esperanza colectiva respecto á venda da lotería de Nadal, tanto na zona de Lalín como en A Estrada, coinciden en que os locais esperarán a que a data se achegue para realizar as compras, pero mentres esta venda prematura asegura clientela estranxeira, é dicir, pasaxeira pero efectiva.