Patrocinado por

A xira de Tanxugueiras chega a Allariz da man do Xacobeo

La Voz

VEN A GALICIA

Martina Miser

Na cita deste sábado contarase coa presenza do grupo Laura Lamontagne & Picoamperio

01 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 3 • 21.00 horas • A Barreira • Allariz • Os concertos do Xacobeo na provincia de Ourense van rematando —as citas pendentes serán o Our Fest Xacobeo do día 17 e o Musgo, o 4 de novembro— e para este sábado está prevista a presenza dunha das formacións que contou cun protagonismo especial neste verán: as Tanxugueiras. O grupo formado por Aída Tarrío e as irmás Sabela e Olaia

Maneiro arrasou na cidade de Vigo —co seu concerto no parque de Castrelos— e pasou por citas como a Festa do Albariño, estiveron na praia de Riazor no marco do Noroeste ou participaron no Son Rías Baixas, entre outras propostas. Este sábado as Tanxugueiras chegarán coa súa xira e os novos temas á vila de Allariz. O concerto desenvolverase na Barreira e será daquela, a actividade comezará ás 21.00 horas, cando as pezas do seu novo disco —«Diluvio»— encherán de sons a noite. Xunto á coñecida «Terra» soarán pezas como «Midas», «Pano corado» ou «Fame de odio».

A nova fornada

Xunto a Tanxugueiras estará en Allariz o dúo Lamontagne & Picoamperio, unha das formacións que está a protagonizar o relevo xeracional na música galega. Tamén coincidiron na cita de Castrelos.