Patrocinado por

Galicia Ilusiona chega este mércores 7 a Monforte con Lore Lavand

la voz LUGO

VEN A GALICIA

Festival de magia en Monforte con Lore Lavand
Festival de magia en Monforte con Lore Lavand

A actuación será ás 21.00 horas na Praza de España

06 sep 2022 . Actualizado a las 18:50 h.

O Festival Mundial de Maxia Galicia Ilusiona chega a Monforte de Lemos este mércores 7 de setembro, onde unha das mellores ilusionistas do mundo fará un espectáculo que non deixará a ninguén indiferente. Lore Lavand encargarse de encher de maxia a Praza de España de Monforte, cun espectáculo que comezará ás nove da noite.

Lore Lavand é unha artista arxentina que mestura a maxia, o humor e o teatro. Unha ilusionista capaz de achegarse ao público para xerar unhas experiencias máxicas totalmente inesquecibles.

O festival, que organizan Pedro Bugarín e Dani Polo, está a ser un éxito polas localidades onde se celebra, desde inicios de agosto. Para boa mostra foi o cheo que houbo no festival celebrado o pasado sábado no Gustavo Freire de Lugo.

A última cita Galicia Ilusiona na provincia de Lugo será o día 27 de setembro no colexio de Outeiro de Rei, cunha gala que dará comezo ás 12.30 horas. Unha maneira de levar a maxia ás aulas.