Patrocinado por

Nacho Vegas e Alberto San Juan, na programación cultural de Pontevedra

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

VEN A GALICIA

Nacho Vegas durante un concierto en Galicia.
Nacho Vegas durante un concierto en Galicia. MARTINA MISER

A gravación dun disco adía o concerto de Mahmood ata o ano que ven

07 sep 2022 . Actualizado a las 19:26 h.

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou este mércores novidades e reaxustes na programación cultural para os vindeiros meses.

Comezando polas modificacións sobre a programación xa avanzada, Fouces apuntou que o Cineclube adiará dúas semanas o seu inicio e que o concerto de Mahmood, programado para o 12 de novembro no Pazo da Cultura, tamén se retrasa. «Van moi retrasados coa gravación do disco así que pediron adialo case seguro para os primeiros meses de 2023. Recollemos a petición do artista e asignaremos unha nova data», explicóu.

Sobre as novidades de cara a xaneiro, o 21 terá lugar o espectáculo teatral de Alberto San Juan Nueva York en un Poeta con entradas á venda desde xa mesmo, e Nacho Vegas actuará o día 27, con venda de entradas o vindeiro luns.

En canto a programación máis inminente, neste mes de setembro, Fouces destacou que esta tarde abre no Pazo a mostra Do final e do comezo que recolle os traballos de grao do alumnado de Belas Artes. «Un clásico da nosa programación —apuntou a concelleira— que estará instalada ata o 30 de outubro».

Juan Carlos Cambas

O día 16 botan a andar os obradoiros de escrita da man de AELG e que neste ano contarán con Berta Dávila, e o 17 de setembro o Teatro Principal acolle a actuación de Juan Carlos Cambas. «Un músico magnífico —valorou Carme Fouces—, compositor, pianista arxentino- galego e que xa leva tempo xirando cu disco que se chama A viaxe. Fala da emigración entre Galicia e Arxentina, da historia dos seus paises e de como fixeron eses camiño. Sete persoas no escenario, un concerto moi apetecible e a un prezo moi accesible para que ninguén se vexa limitado». Xa están á venda as entradas a un prezo de 3 euros en ataquilla.com.

Fouces tamén deu conta de que xa están a venda os abonos do ciclo Domingos do Principal — do 2 de outubro ao 20 de novembro, 19 euros para o total de 8 sesións, en pase matinal e de tarde—, así coma os de Ponteatro — do 6 de outubro ao 10 de novembro, 6 obras por 32 euros—, e para Jazz no Principal. As das Matinés do Principal están a venda dende o pasado luns.