Patrocinado por

«O noso heroe volve a casa. O neno de Friol que levou a primeira vacina ata América»

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

VEN A GALICIA

La corveta María Pita, que llevó a los niños expósitos, en América.
La corveta María Pita, que llevó a los niños expósitos, en América.

Unha mostra en San Paio de Narla recolle a historia dos 21 expósitos que levaron a varíola a terras de Ultramar

10 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta tarde de sábado 10, ás cinco, será a presentación do proxecto «O noso héroe volve á casa. O neno de Friol que levou a primeira vacina ata América». «Camiñamos destapando novas historias soterradas» sinala a xerente da Rede Museística Provincial en referencia a que o Museo Fortaleza San Paio de Narla incorpora aos seus contidos a memoria do neno Juan Antonio, natural de Xiá, concello de Friol, quen xunto cos seus compañeiros de expedición cara a América que tivo lugar a principios do século XIX foron «o máis vital elemento» na campaña para erradicar a varíola en todo o mundo.

O proxecto foi comisariado polo xornalista e investigador Antonio López Mariño coa coordinación de Encarna Lago. A inauguración hoxe ás cinco da tarde. A continuación desenvolveranse dous obradoiros, das 17.00 ás 19.30 horas. Realizaranse dous obradoiros que tratarán de axudar dar visibilidade aos relatos das clases populares máis humildes:

«O legado dunha historia». Para familias. «Debuxaremos en banda deseñada a historia dos 20 da varíola. Elaboraremos unha liña do tempo na que contextualizar aquela aventura».

«Heroínas con pinceis». «Para todos os públicos. Plasmaremos en láminas a aventura protagonizada por Juan Antonio, e a das compañeiras e compañeiros que a fixeron posible».

Está previsto que asista o investigador Antonio López Mariño, autor dun libro sobre a figura de Isabel Zendal, a enfermeira que acompañou aos 21 expósitos que levaron, xunto ao seu propio fillo, a varíola ata América.

A exposición consta de varios paneis con ilustracións e textos que explicaron o que supuxo aquela misión de 1803, un fito histórico e único na medicina mundial.