Entre as actividades figura a lectura de «La juventud de Pepa Loba», de Aurelio Miras Azor
10 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Dende as 12.00 horas • Barrio de Flores • O Carballiño • A Feira Festa da Pepa Loba vive este sábado a súa xornada central, a que inclúe entre as súas propostas a escenificación da «Baixada da Pepa Loba» ao barrio de Flores. A representación correrá a cargo do grupo escénico Dar Trela e a mesma comezará ás 19.00 horas. Como xa é tradición, a cuadrilla da Pepa Loba sairá dende a beira do Concello —xunto á Fonte do Cárcere— e percorrerá o barrio onde en tempos se agochaba a coñecida bandoleira galega.
Aínda que a baixada será o acto máis destacado da xornada, a celebración contará con actividades durante todo o día. Ás 12.00 horas abrirá a feria —con venda e exposición de mercadorías, arte e artesanía— e na mesma haberá demostración en vivo dos vellos oficios e música tradicional a cargo de Os Serandeiros. Á mesma hora, na fonte de Flores, comezará a lectura continuada da obra «La juventud de Pepa Loba», de Aurelio Miras Azor.
Pola tarde, comezará ás 17.00 horas, haberá un obradoiro de estampación creativa para nenos e maiores. Será na Travesía Mirto. Logo da incorporación da Pepa Loba á actividade do barrio procederase a inauguración alternativa dunha prazoleta dedicada a un personaxe da vila. Xunto á fonte, a partir das 20.00 horas, ofrecerase unha demostración de fundición arqueolóxica —reprodución do proceso para fundir cobre— e rematará a xornada con cantares de cego. O domingo, último día da feira, haberá obradoiro de olas, lectura literaria, campionato de chave, xantar popular e sorteo.