Patrocinado por

O OUFF 2022 converterase, con máis de 40 pezas, no epicentro do audiovisual galego

La Voz OURENSE / LA VOZ

VEN A GALICIA

Jaime Chávarri, en un momento del rodaje en exteriores en Ourense
Jaime Chávarri, en un momento del rodaje en exteriores en Ourense

O festival acollerá as estreas das películas de Ángel de la Cruz e Jaime Chávarri

15 sep 2022 . Actualizado a las 15:04 h.

O Festival de Cine Internacional de Ourense converterase no epicentro do audiovisual galego. Entre os días 23 de setembro e 1 de outubro o OUFF proxectará máis de corenta pezas de cineastas galegos na súa programación. Unha faceta que se complementará con coloquios cos cineastas, encontros profesionais ou a presentación da Ourense Film Commission, na que se proxectarán adiantos de filmes rodados na provincia como 13 exorcismos, de Jacobo Martínez, Honeymoon, de Enrique Otero, ou Amigos hasta la muerte, de Javier Veiga. 

Estreas e pase de Chávarri

O OUFF acollerá a estrea mundial de O home e o can, de Ángel de la Cruz, e as españolas de O corpo aberto, de Ángeles HuertaEl tirabeque, de Darío AutránKumo Kosa Ta? Recuerdos de Palenque, de Adrián Canoura. O festival tamén ofrecerá un pase especial de A mazá de ouro, a nova película de Jaime Chávarri. Entre as primicias estarán as primeiras imaxes do próximo filme de Xavier VillaverdeMaría Casares, la mujer que vivió mil vidas