Patrocinado por

O OUFF celebrará o centenario da película «Nosferatu» cunha proxección na que se recreará a música orixinal

La Voz

VEN A GALICIA

Nosferatu
Nosferatu internet

Na proxección do Auditorio de Ourense a música orixinal será interpretada pola Ensemble OU Cámara Obscura

16 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 25 • 19.30 horas • Auditorio de Ourense • Entradas en ataquilla.com • «Nosferatu» é unha das películas de referencia do expresionismo alemán. Ademais, a obra de Murnau que tomou como base a novela «Drácula —de Bram Stoker— está de celebración: chegou aos cen anos sendo unha das citas obrigadas dentro da historia do cine. O OUFF celebrará o centenario de «Nosferatu» cun proxecto creado para a ocasión en colaboración co Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria que consistirá na proxección da película e a recreación da música orixinal en directo. A parte sonora —a cinta é da época silente e as proxeccións facíanse acompañadas por unha orquestra— é una iniciativa desenvolvida en colaboración co International Bach Festival e foi musicalizada por Humberto Armas. Na proxección do día 25, no Auditorio de Ourense, a música orixinal será interpretada pola Ensemble OU Cámara Obscura —con integrantes da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia—. Noemí Salomón foi a encargada de adaptar e coordinar o apartado musical para a sesión de «Nosferatu» no Festival Internacional de Cine de Ourense.

 Coira e Antonio Román

Outra das proxeccións con música en directo terá carácter ourensán. Pepe Coira promoveu a recuperación de «Canto de emigración», de Antonio Román, e haberá un pase coa interpretación da banda sonora orixinal.