Chega a Pontecesures unha exposición de fotos antigas de actuais do Camiño Portugués
VEN A GALICIA
Pódese ver na Plazuela ata o día 23
18 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.A Plazuela de Pontecesures acolle ata o vindeiro venres 23 de setembro a exposición Pegadas. Pasado e presente do Camiño Portugués da Costa, promovida polo Xacobeo e a Xunta de Galicia para dar a coñecer a memoria desta ruta xacobea. Unha mostra que, a través da confrontación de imaxes antigas e fotografías actuais, permite afondar no patrimonio, a historia e a cultura do Camiño Portugués.
O proxecto inclúe fotografías históricas e actuais dos principais municipios polos que discorre o Camiño Portugués da costa. No caso de Pontecesures, este proxecto inclúe imaxes antigas e actuais da ponte sobre o río Ulla, da estación, da rúa José Novo, vistas panorámicas dende o barrio de San Xulián... A exposición, que poderá visitarse na Plazuela ata o vindeiro venres 23 de setembro, inclúe códigos QR para que os veciños e veciñas poidan visitar a web de Pegadas.