Finalmente, a curtametraxe francesa L'enfant salamandre, de Théo Degen, alzouse como a peza gañadora da sección oficial na quince edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu, FICBueu, levándose o Primeiro Premio e unha cuantía económica de 2.000 euros.
Pola súa banda, o segundo premio, dotado con 1.000 euros, recaeu en Interfon 15, mentres que María Ruíz-Falcó e Nerea Lores, en representación do FICBueu, foron as encargadas de introducir o Premio do Público. Nesta ocasión foi parar na produción neerlandesa Vlekkeloos, de Emma Branderhorst. No canto que o premio Galicia R á mellor obra galega, este foi comunicado por Pepe Coira anunciando as dúas pezas gañadoras ex aequo, Rompente, de Eloy Domínguez Serén, e El sembrador de estrellas, de Lois Patiño. Estes recoñecementos, tanto o do Público como o Galicia R, contan cunha dotación económica de 500 euros.
A Mellor Curta Española da presente edición, tamén dotada con 500 euros, foi Alopècia Androgènica, de Salvador Sunyer, con mención especial para Harta, de Júlia de Paz. Helena Girón, como parte do Xurado Descubertas, foi quen desvelou o nome do filme gañador na mesma categoría, outorgado a Stéphanie Lagarde por Minimal sway while starting my way up.
Para rematar, no acto entregouse o Premio Cinema Galego 2022 a Miguel de Lira, quen foi entrevistado por Gaspar Broullón na Canle FICBUEU.