Patrocinado por

Sete grupos na Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón, de O Carballiño

La Voz

VEN A GALICIA

Miguel Villar

Compañías de toda Galicia representarán as súas obras entre o 1 de outubro e o 6 de novembro no Auditorio Manuel María

20 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 1 de outubro ao 6 de novembro • 20.00 horas • Auditorio Manuel María • O Carballiño • A décimo quinta edición da Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón contará coa participación de sete compañías galegas. O programa deste 2022 foi presentado na Deputación de Ourense polo vicepresidente César Fernández; alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e as actrices de Tiruleque, o grupo organizador, Lidya Giselle Almonte e Mari Fernández. A mostra abrirase o día 1 de outubro coa posta en escena de «Olimpo’s», de Farandoleiras Cabaré (Oleiros). O 12 poderase ver a obra «O enredo», de A Tequerreté (Teo). Dende O Barco chegará, o día 15, Gargallada Teatro coa montaxe «Un desastre de función». La caja de Pandora, de Verín, representará «Sempre nos quedará Venecia» o 22 e o 29 estará Teatro Ollomol (Barreiros) con «O documento». Pechará o mes Achádego (Lugo) con «Nadal na casa dos Lamelo»: 30 de outubro.

 

Tiruleque clausurará a mostra os días 5 e 6 de novembro coa representación de «Microtirulos», unha montaxe con catro pezas de microteatro: «Raios, tronos», «Milhomes», «Morreu a tía María» e «Reencarnacion».