Patrocinado por

Soa Bonaval volve con Catuxa Salom, Paraíso Canto e Lucía Aldao

La Voz

VEN A GALICIA

A actividade está impulsada polo Museo do Pobo

25 sep 2022 . Actualizado a las 23:58 h.

30 de setembro e 1 de outubro • San Domingos de Bonaval • O Museo do Pobo Galego organiza a segunda edición do Soa Bonaval, un festival que busca desmitificar os xéneros e as etiquetas e contar con artistas que traballen sobre os sons clásicos e de raíz, compoñendo músicas plenamente actuais.

O festival comezará o venres co obradoiro «Da foliada ao rave» a cargo do compositor, produtor, pianista e músico electrónico Nacho Muñoz (17.00 horas). Unha charla concerto de Lucía Aldao (11.30 horas) abrirá a xornada do sábado. Seguiralle unha sesión vermú con Catuxa Salom (13.00 horas). Xa pola tarde, levarase a cabo o itinerario sonoro «Son(em)peza» (16.30 horas) e o concerto de Paraíso Canto (20.00 horas). As entradas xa se atopan á venda en Vivetix.