O festival de música urbana Rolling Over celebrouse na rúa Castelao e nas prazas de Arriba e do Corgo
25 sep 2022 . Actualizado a las 12:26 h.O festival de música urbana Rolling Over obtivo onte unha boa resposta por parte dos veciños de O Grove dende primeira hora da mañá.
O taller de grafitti realizado na rúa Castelao suscitou un grande interese, de feito a presenza de dous dos artistas convidados, o grovense Pablo Ozores e o pontevedrés O’Ras, que botou toda a mañá pintando, fixeron deterse a moitos veciños.
O mesmo sucedeu na Praza de Arriba, onde varios cantantes emerxentes da localidade puideron exhibir o seu talento sobre o escenario, ao igual que ocorreu pola tarde na Praza do Corgo coa exhibición de flatland e skateboard.
As concelleiras Pili Galiñanes, Ángeles Domínguez e María López visitaron tamén o obradoiro de DJING e foron testemuña da boa acollida da iniciativa que non descartan vokver repetir.