A obra, ilustrada por Siro, acaba de ser reeditado 50 anos despois por Galaxia
27 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Este xoves, día 29 de setembro, celebrarase na sede de Afundación de Ferrol a clausura da exposición da nova edición de «Alén da desventura», de Xavier Alcalá, que acaba de ser reeditado 50 anos despois por Galaxia e ilustrado por Siro.
O acto, que servirá de despedida da mostra á vez ca presentación do libro, terá lugar ás 19.00 horas e acompańando ao autor e ao ilustrador estará Xavier Martínez Cobas, o conselleiro delegado da Editorial Galaxia. Ao se cumprir 50 anos desta obra, Galaxia decidiu celebralo coa edición ilustrada de «Alén da desventura». En colaboración con Afundación, na sede do Cantón de Ferrol tivo lugar unha exposición da obra gráfica de Siro durante dez lustros do seu traballo. Nela inclúense os retratos das personaxes da novela de Alcalá.