Patrocinado por

A obra da madurez de Laxeiro recala na Cidade da Cultura ata decembro

La Voz

VEN A GALICIA

miguel souto

A mostra «Foi un home. Laxeiro en América» será inaugurada hoxe

27 sep 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde hoxe ata o 18 de decembro • Terceiro andar do Museo Gaiás • «Foi un home. Laxeiro en América (Bos Aires, 1950-1970)» recala na Cidade da Cultura para amosar durante preto de tres meses as obras da madurez do artista lalinense.

Comisariada por Carlos L. Bernárdez, historiador e crítico de arte, a exposición reúne corenta pezas que creou Laxeiro cando se instalou en Arxentina durante 20 anos. A mostra, segundo explican desde a Cidade da Cultura, busca ofrecer unha nova ollada sobre a obra de Laxeiro, que durante a súa estadía en Sudamérica mantivo unha gran fidelidade aos temas galegos da súa formación, pero tamén experimentou unha importante evolución formal. As pezas proceden de varias institucións.

A Cidade da Cultura xa abriu a inscrición para participar nas visitas guiadas, que son de balde, e contan con vinte prazas por quenda. Polo de agora, está aberta a reserva ata o domingo con percorridos a partir das 17.00 horas.

«Foi un home. Laxeiro en América», que busca difundir o legado dun dos grandes renovadores da pintura galego, chega a Santiago tras amosarse nun formato máis pequeno no Museo Ramón María Aller de Lalín e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. Despois de Santiago, irá para o Instituto Cervantes de París, onde quedará instalado co apoio da Embaixada.