Patrocinado por

Vilagarcía estrea o sábado seu outono de teatro coa peza «Gloria Nacional»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VEN A GALICIA

A última montaxe de Teatro do Noroeste chega da man do ciclo da Rede Galega de Teatros e Auditorios

30 sep 2022 . Actualizado a las 13:31 h.

O Auditorio Municipal de Vilagarcía estrea mañá sábado, ás oito da tarde, a tempada teatral de outono, e faino coa obra de teatro Gloria Nacional, a última montaxe da compañía Teatro do Noroeste. Cunha boa dose de humor, a obra invita a reflexionar sobre o mundo da cultura e a creación artística e como funciona no marco da sociedade actual. A representación enmárcase no ciclo da Rede Galega de Teatros e Auditorios conveniada entre o Concello de Vilagarcía e a Agadic, polo que a entrada xeral ten un prezo de reducido de cinco euros, habendo ademais bonificacións a tres euros para posuidores do carné xove, parados e maiores de 65 anos.

Gloria Nacional é unha obra escrita e dirixida por Eduardo Alonso que protagonizan Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela. Conta a historia de Uxío Rodas, escultor e pintor considerado polos seus contemporáneos unha auténtica «gloria nacional»: as súas esculturas están nos mellores museos internacionais. Agora está no seu estudio, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante, xa que o goberno do seu país acaba de encargarlle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital. A Uxío cústalle encarar o seu traballo, está en crise creativa... E medida te fai meditar sobre arte, cultura, mercados e política...