Patrocinado por

Palillar, todo un arte en Xove que se demostrará este sábado

y. garcía XOVE / LA VOZ

VEN A GALICIA

XAIME RAMALLAL

Más de 300 palilleiras de distintos rincones de Galicia y Asturias disfrutarán hoy del encuentro número once

01 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

El XI Encontro de Palilleiras en Xove es este año de lo más especial, porque significa el esperado reencuentro, tras estos años de espera por la pandemia, de palilleiras procedentes de distintos rincones de Galicia y de Asturias. Todas, con muchas ganas de demostrar en vivo que el encaje de bolillos es todo un arte, merecedor de ser expuesto al público y valorado por este, dada su laboriosidad, pero también con ánimo de charlar y compartir entre compañeras de afición lo agradecida y creativa que puede ser la vida en general. Ellas son especialistas en lo suyo y el público general lo podrá ver con sus propios ojos en el pabellón municipal de Deportes de Xove este sábado, de 10.30 (hora de la recepción de las palilleiras, con bienvenida a las 11.30) a 13.00 y de 16.30 (sorteos y demostraciones) a 19.00 horas (despedida).

El evento está organizado por las concejalías de Sanidade, Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade y por la profesora de bordado Carmen García Fernández. Patrocina el Concello de Xove y colabora Saíñas, pues su grupo de gaitas se encargará de amenizar esta especial jornada.

Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove: «Ten un retorno económico importante para o concello»

As palilleiras encargaránse este primeiro de outubro de manifestar a súa destreza no encaixe de bolillos, mentres que o Concello de Xove, xunto con outras entidades, fixo o posible para que elas estean cómodas e reciban a agarimosa benvida que se merecen.

—Regresa ao calendario o Encontro de Palilleiras. Pouco a pouco, todas as actividades que tiñan a súa regularidade se van recuperando no municipio. Boa nova!

—Efectivamente. Dende o 2019, o Encontro de Palilleiras de Xove non se puido facer. Levaba unha progresión moi boa pero coa pandemia houbo que paralizar esa e outras actividades no municipio. Agora xa as imos normalizando. Este ano celebráronse festas e decidimos retomar o Encontro de Pailleiras. Parece que a xente o estaba agardando.

—Contar con máis de 300 participantes é unha resposta boa.

—Nesta edición temos un nivel de participación similar a edicións anteriores. Temos que agradecer o traballo que fan as voluntarias de Xove, coa profesora de bordado tamén, para ter unha participación alta, coa axuda á súa vez de alumnas que participan noutros encontros que se celebran noutras zonas. Este tipo de eventos teñen, ao mesmo tempo, un carácter familiar, pois establécese un vencello entre elas.

—Este tipo de encontros funcionan moito como intercambios.

—É similar. Este é un día de xuntanza, que tamén sirve para coñecer o traballo dunhas e doutras, que así viven un día de relaxación e de disfrute. Para o Concello de Xove tamén é algo importante, porque se xunta moita xente en Xove. A hostalería, por tanto, tamén se ve beneficiada xa que esa xente queda a comer e algúns establecementos preparan menús especiais. Ten un retorno económico importante para o Concello. As participantes recorren o municipio, co cal ten outro enfoque, turístico. Aparte, os xovenses poden coñecer algo diferente, como é o encaixe de bolillos, algo que non se ve todos os días, ou visitan os expositores e neles se producen algunhas ventas. É un día para o disfrute. Agardo que teñamos un bo día tamén e que axude a dar a coñecer Xove.

—E non todos os días se ve unha participante de 104 anos, como é o caso de Isabel García Sierra que estará presente!

—Penso que xa debe ser un récord mundial de participación nunha xornada así. É algo de loubanza e de agradecer que Isabel García veña. Teremos un detalle con ela neste encontro.