A idade media dos participantes foi de 73 anos, a maioría delas mulleres
04 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Ferrol continúa deseñando programas e accións dirixidas ás persoas de maior idade do municipio. Recentemente rematou o programa municipal O Noso Camiño, no que participaron desde a súa posta en marcha un total de 60 persoas maiores. Consistiu en tres saídas, nos meses de febreiro, maio e setembro, desde o porto de Curuxeiras ata o polígono da Gándara, en total 8 quilómetros, facendo paradas nos puntos de maior interese neste tramo do Camiño Inglés. As saídas remataron cun aperitivo para todos os participantes. A idade media dos participantes foi de 73 anos, a maioría delas mulleres.
A concelleira de Benestar Social e Patrimonio Histórico, Eva Martínez, lembrou que na actualidade está activo o programa Outono Ilustrado, que proxectou saídas para 35 persoas polos lugares máis singulares da cidade portuaria no marco da candidatura de Ferrol como cidade Patrimonio Mundial. As persoas interesadas en participar nesta nova acción do Concello poden apuntarse chamando ao número 631 683 070.