Patrocinado por

Xacarandaina levará a Dumbría un espectáculo sobre o Camiño, o día 15

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VEN A GALICIA

Titulado «Endaterra», é o resultado dunha investigación feita polos 18 concellos polos que pasan o Camiño de Fisterra e o Camiño Inglés

06 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Baixo a dirección de Quique Peón, a agrupación Xacarandaina presentará o vindeiro día 15 de outubro un espectáculo de baile e música tradicional en Dumbría. Trátase de Endaterra, unha proposta que mestura baile, danza, música, teatro, imaxes ilustradas, deseño de luz e unha banda sonora, indican dende o grupo, «creada en exclusividade para o espectáculo». Esta atractiva proposta xira en torno ao Xacobeo, concretamente ao Camiño de Fisterra e ao Camiño Inglés, e supón o resultado dunha investigación realizada polos 18 municipios polos que discorren estas vías de peregrinación. O espectáculo será ás nove e media da tarde, no pavillón do Conco.

Pero, antes, haberá máis actividades no municipio dumbriés. Hoxe mesmo terá lugar na biblioteca de Berdeogas a penúltima proposta do programa de actividades de promoción da lectura: un obradoiro de cerámica, ás seis da tarde. A última sería mañá, pero foi posposta para o día 21 deste mes: un taller de robótica, no Ézaro. Ademais, mañá terá lugar no albergue de peregrinos do Conco unha actividade apoiada polo Xacobeo: Efímero Experience, de Tako Group, con varias profesionais compartindo as súas experiencias (16.30).