Patrocinado por

Pontecesures celebra o Samaín cunha festa este venres

La Voz PONTECESURES / LA VOZ

VEN A GALICIA

Martina Miser

Sreá na contorna da praza de abastos e se chove trasladarase ao interior

26 oct 2022 . Actualizado a las 16:30 h.

O Concello de Pontecesures, en colaboración coa ANPA Infesta, organiza unha festa de Samaín, que terá lugar este venres de 19 a 22 horas, na contorna da praza de abastos. En caso de choiva, a celebración trasladaríase ao interior da praza. A participación é totalmente libre e de balde.

A tenente de alcalde, Laura Villar Matos, explica que haberá un un concurso de disfraces e cabazas, onde se entregarán premios aos tres mellores de cada categoría. Desde o Concello animan á veciñanza a disfrazarse e sumarse a esta festa que serve para despedir o mes de outubro.