Patrocinado por

A Deputación destina 342.000 euros a obras do Camiño Inglés

la voz FERROL / LA VOZ

VEN A GALICIA

JOSE PARDO

Ademais das obras de mellora dentro da área de Ferrolterra, outros municipios da provincia estarán implicados nestas axudas

19 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, asinaron na xornada de onte o convenio de colaboración polo que a Deputación destinará 342.414,54 euros para sufragar o 72’37 % do orzamento total deste proxecto, que ascende a 473.131’80 euros.

Realizaranse obras de pavimentación, sinalización, iluminación, mellora da seguridade e renovación de inmobles para resolver distintas necesidades que foron detectadas no informe Accións de Mellora no Camiño Inglés, financiado pola Deputación da Coruña, e outras que foron trasladadas polos propios concellos. Este é o listado de actuacións nos tramos do Camiño Inglés dos diferentes concellos: en Ferrol realizaranse instalacións de iluminación, sinalización e seguridade; en Narón a instalación de iluminación e balizado no paseo de Xuvia, en Neda a reposición de beirarrúas no tramo do camiño do Regueiro; en Fene e Cabanas acondicionarase unha parcela arborada; en Pontedeume mellorarase o pavimento. Ademais das obras de mellora dentro da área de Ferrolterra, outros municipios estarán implicados nestas axudas porque por eles pasa o Camiño Inglés. Por iso, en Miño acondicionarase o cruzamento do Camiño coa estrada da Praia; en Paderne mellorarase a pavimentación dun tramo, en Betanzos acondicionaranse as fontes; en Abegondo mellorarase a seguridade viaria na estrada; en Mesía mellorarase o tramo ó seu paso por Hospital; e así sucesivamente ata chegar ata Santiago de Compostela, onde se acondicionará da rúa de Meixonfrío.