










Nove postos, todos do Concello, presentaron o seu produto nun evento que desfrutou dunha xornada de bo tempo
20 nov 2022 . Actualizado a las 22:43 h.A segunda e última xornada da Feira do Mel da Montaña, celebrada na parroquia de Viveiró (Concello de Muras) librouse da chuvia e púidose levar a cabo da mellor maneira posible. O evento, unha das citas estrela de cada ano en Muras, presentou o produto máis representativo da comarca lucense coa presenza de ata nove postos de venda de mel na feira. Todos os produtores son nativos de Muras, aínda que o resto dos case 35 negocios da zona non puideron acudir á feira por diversos motivos.
«O certo é que fixo bo día e iso era moi importante para nós», explicaba este domingo o alcalde de Muras, Manuel Requeijo. O rexedor do BNG valorou moi positivamente o evento, que empezou ás 10.30 horas coa apertura do recinto da feira. Este plan contou pola mañá con obradoiros infantís, «show cooking» da man da cociñeira Beatriz Sotelo. Logo, á hora da comida, os visitantes puideron disfrutar dunha polbería e da propia mel, protagonista da xornada. Pola tarde, outro obradoiro de cociña e un máis de contido infantil encheron as horas da sobremesa, que rematou coa entrega de premios da cata do mel do sábado.
Á feira de este domingo, que celebraba a súa sétima edición, acudiron. alcaldes da comarca, como os de Alfoz, Abadín ou Xermade. Tamén se pasaron membros do BNG, como a deputada Olalla Rodil, ou da Deputación, como Roberto García Pernas ou Mónica Rancaño.