Cándido Pazó e Quico Cadaval actuarán no Nadal da Illa, que inclúe seis concertos e desfiles
VEN A GALICIA
Acudirá o Apalpador e haberá cine e contacontos para os cativos
03 dic 2022 . Actualizado a las 12:49 h.O Concello da Illa preparou unha ampla axenda para o Nadal que ten o seu prato forte na actuación de Quico Cadaval e Cándido Pazó, os dous monologuistas pioneiros en actuar na Arousa no momento da súa segregación e escollidos tamén para formar parte da programación que porá o broche final ao actos organizados para celebrar os 25 anos do Concello. A actuación será o sábado 17 de decembro ás 20 horas no auditorio cun entradas que terán un custe de 7 euros con compra anticipada e 10 en billeteira; tamén se poderán adquirirse na Administración de Lotería e na biblioteca municipal.
Un día antes, o 16 ás 19.30 horas, actuará a Coral Polifónica de Arousa, que compartirá escenario coas corais de Portonovo e Meis. O luns 19 será o quenda da Escola de Música Municipal, cun concerto gratuíto ás 18 horas e o venres 23 a Praza do Concello será o punto de partida do desfile de Papá Noel, que percorrerá as rúas principais desde as 17 horas cunha merenda posterior.
O grupo Doen toma o relevo no apartado musical o venres 23, ás oito da tarde no auditorio, e o luns 26 os máis pequenos terán unha sesión lúdica con Flipa dos Contos. A cita da rapazada da Arousa co Apalpador será o martes día 27 ás 12 horas no auditorio e o mércores 28 será a asociación Dorna a que tome as rúas cun desfile.
O venres actuará o grupo arousán Lontreira e o martes 3 de xaneiro Tanxarina Títeres encargarase do entretemento dos cativos. O cine tamén está presente na programación de Nadal co pase da película Valentina.
O cartel deste ano péchao a Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, un evento que será anunciado co cartel gañador do concurso convocado pola Escola de Música da Illa.