Patrocinado por

A Xunta de Confrarías edita un folleto sobre os beléns de Ferrol

G.D. FERROL / LA VOZ

VEN A GALICIA

Preparativos en el Belén de la Orden Tercera de Ferrol, que reabre esta Navidad.
Preparativos en el Belén de la Orden Tercera de Ferrol, que reabre esta Navidad. KIKO DELGADO

09 dic 2022 . Actualizado a las 23:40 h.

A Xunta de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol ven de publicar esta mesma semana un folleto informativo sobre os nacementos de Ferrol. No folleto inclúese a localización, o horario e algúns outros datos relevantes sobre cada un dos beléns, tales como a súa historia e quen esta detras da súa creación. O obxectivo principal e o de facilitar a visita do público de cada un dos nacementos das confrarías da cidade portuaria.

O documento xa foi distribuído polas oficinas de turismo, nos distintos hoteis, de Ferrol, no Concello, no Museo da Semana Santa e nos propios beléns da cidade.

Desta maneira, preténdese consolidar a tradición belenista de Ferrol. Xa están abertos os nacementos das confrarías das Angustias, o da Mercé e o da Soidade, así como o da Orde Terceira de Alfredo Martín. É un dos de maior relevancia de toda Galicia, que abre ata o vindeiro 6 de xaneiro.

Na confraría da Soidade, que estará aberta ata o 6 de xaneiro, venderanse artigos de Nadal con fins solidarios, recolleranse alimentos non perecedoiros e ademais existe unha «Caixa do Correo Real» para que os nenos e nenas poidan botar as cartas, ademais doutras sorpresas como o recuncho dos avos. En último lugar, está prevista ao mesmo tempo a apertura do belén da confraría de Dolores o para o 16 de decembro. No mesmo local recolleranse roupa e xoguetes para a OJE.