Tequexetéldere e Suso Vaamonde, no Concerto de Aninovo de Pontevedra

VEN A GALICIA

12 dic 2022 . Actualizado a las 19:34 h.
O 1 de xaneiro, a partires das 19.30 horas, a Orquestra Sinfónica de Pontevedra —a antiga Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra— ofrecerá o tradicional Concerto de Aninovo no auditorio do Pazo da Cultura. A orquestra estará acompañada pola agrupación folclórica estradense Tequexetéldere e o solista Suso Vaamonde. A concelleira Carme Fouces salientou o traballo da agrupación pontevedresa: «Son un elenco musical que é un orgullo para esta cidade poder desfrutar del, de rapaces e rapazas e músicos excepcionais e ademais moi bos olleadores por que cada ano escollen uns convidados especiais».