Patrocinado por

A Festa do Apego de Santiago fusionará música, danza e xogos para o público infantil

La Voz

VEN A GALICIA

BASILIO BELLO

A cita será o día 30 no Auditorio de Galicia con entrada de balde

14 dic 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

Día 30 • De 12 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas • Auditorio de Galicia • De balde É cita xa consolidada para os menores dos seis anos cada Nadal en Santiago. A Festa do Apego celebrará unha nova edición o 30 de decembro no Auditorio cun programa no que se fusionan danza, música, narración oral, xogos e artes plásticas. Unhas propostas que teñen como obxectivo fomentar a lingua galega entre a cativada.

O programa de espectáculos ábreo «Sons do berce», da compañía A Cova das Letras, que ofrecerá funcións ás 12.00 e as 12.45 horas para os menores de tres anos. Da man da actriz Cristina Collazo, o público poderá experimentar diversas sensacións asociadas co música. Tamén pola mañá, ás 13.00 horas, Mamá Cabra ofrecerá a derradeira función do seu espectáculo «Paxaro amigo (músicas para a paz)». Ademais, pola mañá Cris de Caldas ofrecerá o conto «Comerá o bebé?» para crianzas a partir dos seis meses.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, Golfiños estreará o espectáculo «Silforiña». O peche será ás 19.00 horas co concerto familiar a cargo de Migallas Teatro, que celebra o seu 30 aniversario na música infantil e contará co participación de músicos de recoñecido prestixio para acompañalos. Pola tarde, tamén haberá contos con Dani Blanco e Olga Abad. Ademais, a Festa do Apego ofrecerá obradoiros para todos os públicos, así como xogos tradicionais.