Patrocinado por

Primeiras proxeccións nas seccións competitivas de Novos Cinemas de Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

VEN A GALICIA

Apertura do festival Novos Cinemas, en Pontevedra
Apertura do festival Novos Cinemas, en Pontevedra

As seccións Oficial e Latexos proxectarán trece longametraxes

14 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras a xornada inaugural de onte, onde se estreou en Galicia o filme documental Los Saldos, este mércores arrancan as seccións Oficial e Latexos de Novos Cinemas. Nesta sétima edición proxectaranse trece obras realizadas en Tailandia, Singapur, Países Baixos, Filipinas, Canadá, Arxentina, Alemaña, Francia, Polonia, México, Estados Unidos, Suíza ou Brasil.

Así, a sección Oficial acolle nove destas longametraxes, todas elas inéditas en Galicia e seis tamén inéditas en España, coas que se busca «ilustrar algúns dos posibles estadios do cinema contemporáneo». Hoxe exhibirase no Principal os filmes Arnold is a model student, de Sorayos Prapapan (16.30 horas); Unrueh, de Cyril Schäublin (19 h.); e Nomotopowell, de Brent Chesanek (21.30 h.).

Pola súa banda, Latexos abordará dende propostas de ciencia ficción conceptual ata o tránsito da adolescencia á idade adulta. A película seleccionada para inaugurar ao mediodía este apartado cinematográfico será Álbum para la juventud, da arxentina Malena Solarz, que se estrea en Galicia.

Previamente, e na Casa das Campás, desenvolverase unha nova sesión de Lab (10.30 horas), neste caso pechada ao público, cunha serie de reunións one-to-one, mentres que, xa no Principal e na sección Aula, a colaboración do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra co Institut Français Cinéma, IFcinèma, posibilitará a proxección (9.30 h.) de A colina onde ruxen as leoas (La Colline où rugissent les lionnes), de Luàna Bajrami, para alumnado da ESO e bacharelato da contorna.