
O festival de Vilaxoán porá á venda as súas primeiras entradas o mércores 21 de decembro
20 ene 2023 . Actualizado a las 10:25 h.A edición do festival Revenidas xa ten datas para a súa edición do ano que vén. A cita terá lugar entre o xoves 7 e o domingo 10 de setembro. En Vilaxoán, coma sempre, co formato que tan boa acollida tivo desta volta, co parque incorporado e a tradicional sardiñada aberta ao público o domingo.
As primeiras entradas hanse poñer á venda o vindeiro mércores, 21 de decembro, a un prezo de corenta euros, que se reducirá á metade para os usuarios do bono cultural da Xunta. O cartel, aínda sen desvelar, promete e moito.