A Insua dos Poetas do Carballiño resérvalle un espazo destacado a Álvaro Cunqueiro
VEN A GALICIA
Descubriuse unha escultura, a primeira na provincia de Ourense do escritor de Mondoñedo
18 dic 2022 . Actualizado a las 11:57 h.A Insua dos Poetas, no concello ourensán do Carballiño, foi o escenario escollido para homenaxear a Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981) con motivo do 111 aniversario do seu nacemento. A xornada cunqueiriana, considerado pola crítica como un dos verdadeiros mestres das letras do país no século XX, incluiu a inauguración dunha escultura realizada pola nova artista plástica Tatiana R. Fírvida. Alegoría da obra de Cunqueiro, é unha peza de aceiro inoxidable de 11,40 metros de ancho por 3,20 de alto titulada co verso do escrito galego Ese alguén do meu que nunca volve.... Esta é aprimeira peza escultórica vencellada ao xenial escritor de Mondoñedo instalada na provincia de Ourense.
A primeira parte da homenaxe tamén contou con discursos institucionais do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. Non faltou o acompañamento musical da Real Banda de Gaitas de Ourense, que estreou unha peza orixinal de Marcos Foxo, A Alborada da Insua dos Poetas. Na segunda parte da homenaxe organizada pola Fundación Insua dos Poetas interviu César Cunqueiro, fillo do escritor. A continuación tivo lugar un recital de Amancio Prada, cunha selección de poemas de Álvaro Cunqueiro, que xa comparte espazo con outros grandes da literatura galega.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou: «É un clásico da literatura galega. Temos que reivindicar moito máis a quen foi un autor universal recoñecido polos mellores». Pola súa bande, el presidente provincial, José Manuel Baltar, indicou: «Crece a maxia da Insua dos Poetas, un espazo de cultura plural que ten o apoio da Deputación dende hai quince anos. Cunqueiro volve hoxe, creo que encantado a terra ouirensá, coa súa obra magníficamente recreada polo xove talento de Tatiana Fírvida».