Patrocinado por

Excursións e grupos organizados enchen o Belén de Valga

La Voz VALGA

VEN A GALICIA

Abundan os centros educativos e chegan visitantes, tamén, de fóra de Galicia

17 dic 2022 . Actualizado a las 13:46 h.

Centros educativos, centros de día e asociacións e excursionistas de distintas localidades galegas e incluso de fóra da comunidade estrearon esta semana as visitas concertadas ao Belén Artesanal en Movemento de Valga. Rexistráronse case uns vinte grupos fóra do horario habitual de apertura do nacemento, que esta fin de semana volverá a vivir unhas xornadas multitudinarias. Esa fin de semana estaba prevista a chegada de numerosos autobuses con excursionistas e, ademais, celebrarase a tómbola solidaria a beneficio da Asociación española contra o cancro.

As visitas de centros de ensinanza inaugurounas o CRA de Valga seguidas das do CPI Santa Baia de Boiro, o IES A Xunqueira de Pontevedra e colexio Juan Sebastián Elcano.

Tamén houbo grupos de centros de día de Cuntis, Moraña ou Vilagarcía, do programa DepoTermal, Andaina Pro Saúde Mental e excursións procedentes de Ourense e Oviedo, entre outros puntos.

O nacemento permanecerá aberto ao público de xeito gratuíto ata o 8 de xaneiro. Para concertar visitas fóra do horario habitual do belén poden concertarse a través do número de teléfono 630 95 25 15.

Estas son las imágenes del Belén Artesanal de Valga

Carlos III, Zelenski y As Tanxugueiras se suman al belén de Valga

La Voz

En Valga volvió a montarse el belén, y no es un belén cualquiera. Tras 28 años se ha posicionado como uno de los más originales de la comunidad hasta el punto de obtener la declaración de interés turístico de Galicia. Cuenta con alrededor de 4.500 piezas dispuestas en 400 metros cuadrados de un local situado en Campaña. Allí se recrea una población rural invitando a un recorrido en el que conviven escenas de la tradición belenista con otras relacionadas con la actualidad más reciente.

Este año era ineludible hacer alusión a la muerte de la reina Isabel II, que se refleja con el cortejo fúnebre y una réplica en madera de la abadía de Westminster. Tampoco falló a la cita con la Navidad de Valga el nuevo rey, Carlos III, y los tinteros que tanto dieron que hablar. También se da testimonio de la guerra de Ucrania, con el presidente Zelenski pasando revista a sus tropas y un edificio bombardeado.

Seguir leyendo