Patrocinado por

A Illa segue cos concertos solidarios de Nadal este venres, agora con Lontreira

La Voz A ILLA

VEN A GALICIA

Actuarán no auditorio ás 20 horas, con entrada gratuíta. Recadarán fondos para a federación de enfermidades raras

27 dic 2022 . Actualizado a las 15:25 h.

Adriana Cores (Adri Coyote) e Héctor Rodríguez son os dos compoñentes de Lontreira, un grupo de música en galego con raíces na Illa de Arousa, da que tomaron prestado o nome dunha das súas praias para facerse un oco no panorama musical galego. Este venres, ás 20 horas, presentan no auditorio municipal o seu primeiro disco, Apnea, un traballo que intercala poemas e cancións. Estes dous mozos, ela de A Illa e el de Moaña estarán arroupados no escenario arousán polo actor Carlos Blanco; a cantautora Uxía ou Inés Salvado, cantante de De Vacas, que porán voz a algúns dos poemas de Apnea.

O concerto de Lontreira, ao igual que a semana pasada fixera Doen, terá un ingrediente solidario, pois permitirá recadar fondos para a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, Fegerec, a través dun peto que se situará no auditorio. A entrada é gratuíta e os convites poden retirarse na biblioteca ou na administración de lotería.

Lontreira acadou colocar o seu Corazón de toxo como a canción do verán da TVG e agora presentan un disco co que queren transmitir a súa paixón polo medio natural.