Moito público asistiu a unha festa que levaba tres anos sen celebrarse e na que houbo ata 120 postos artesanais
16 abr 2023 . Actualizado a las 19:21 h.Despois de tres anos de parón a causa da pandemia, a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto regresou este domingo cun gran éxito de participación, tanto de artesáns como de público. La cita contou con máis talleres de ferro ca nunca, así como demostracións de oficios para dar a coñecer aos visitantes as peculiaridades destas labores tradicionais con máis de 120 postos artesanais.
O programa contou con demostracións artesanais, obradoiros infantís, música e animación, nunha xornada que pretende visibilizar este oficio, fomentar o relevo xeracional e actuar como dinamizador turístico, económico e cultural da zona.
As demostracións
De novo as demostracións dos ferreiros foron moi seguidas. Este ano, acompañando aso artesáns do municipio lucense, estiveron como invitados Forxa Chago de Santiago; Antonio do Corgo, Centro de Interpretación de la Forja de Navarra, Alberto Leis de Santiago de Compostela e Friedrich Brasmsteidi de Austria.
Personalidades
Na cita estivo o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, quen enxalzou o papel da feira Riotorto como punto de encontro para o sector, unha cita única en Galicia na que hoxe haberá unha vintena de profesionais de todo o país e que servirá para concienciar á sociedade da importancia dos oficios tradicionais. O pregón o leu a deputada nada en Riotorto María Montserrat García Chavarría.Tamén acudiu a vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Maite Ferreiro.
A marca Artesanía de Galicia conta cun total de 13 obradoiros rexistrados na actividade de forxa e ferrería dos que tres pertencen a este municipio. Conde destacou o esforzo que se está a facer no eido da artesanía do ferro por abrise a novos mercados e participar en feiras e eventos tanto nacionais como internacionais.