Patrocinado por

Vórtice Escénico presenta este sábado na Illa «Asfixia»

La Voz A ILLA

VEN A GALICIA

A función será unha preestrea da obra e a entrada custa 4 euros

25 abr 2023 . Actualizado a las 14:11 h.

Vórtice Escénico comezou esta semana a súa residencia técnica no auditorio municipal da Illa, que culminará o día 29 de abril (20 horas) coa preestrea na no mesmo escenario de Asfixia, unha obra de José Luis Baños de Vos que xa acadou o Premio Abrente 2019 e máis a distinción Xuventude Crea 2022.

Foi precisamente ese premio, o pulo definitivo que necesitaba o grupo para constituírse como tal e este mesmo ano bota a andar Vórtice Escénico, con dúas actrices e un dramaturgo máis algún colaborador.

As entradas para esta nova proposta teatral poderán adquirirse na billeteira o mesmo día da representación ao prezo de 4 euros.

«A trama desta peza, unha traxicomedia, xira en torno ao escaso marxe de liberdade individual que permite a sociedade actual. Unha crítica social a un modelo de vida no que determinadas circunstancias impostas producen un efecto dominó que imposibilitan ás persoas facer o que realmente quixeran», segundo explican desde o Concello.