Patrocinado por

O Festival de Bandas de Meaño celebrarase o 29 de abril

La Voz MEAÑO / LA VOZ

VEN A GALICIA

Martina Miser

A cita é a partir das cinco e media da tarde na praza do Concello 

26 abr 2023 . Actualizado a las 09:59 h.

O Festival de Bandas de Meaño chega a súa 31 edición. Será o 29 de abril, e desenvolverase a partir das cinco e media da tarde na praza do Concello de Meaño. O programa ábrese co tradicional desfile das tres bandas participantes na cita. Abrirá a quenda das actuacións a Banda Artística de Merza, dirixida polo mestre Mateo Gómez Naval; continuará a Banda Cultural de Salceda de Caselas dirixida polo mestre Juan Lois Diéguez, e cerrará o festival a Banda Unión Musical de Meaño dirixida polo mestre Diego J. Lorente López. Cada unha das tres bandas disporá de 45 minutos para demostrar a súa calidade musical.