Patrocinado por

Volven as Xornadas da Ostra esta ponte festiva a Cambados

Bea Costa
Bea Costa CAMBADOS / LA VOZ

VEN A GALICIA

MONICA IRAGO

A Banda de Castrelo actuará con solistas o domingo no auditorio

28 abr 2023 . Actualizado a las 17:11 h.

Volven as Xornadas da Ostra a Cambados aproveitando a ponte de maio, desde o sábado ata o luns. Con tal motivo instalaranse dous postos para a venda do marisco na zona de Fefiñáns, na praza das Rodas e no entronque das rúas Real e Príncipe. A ducia de ostras custará 12 euros e media ducia, 6.

Os postos abrirán de 12 a 15 horas e os bivalvos poderán degustarse nas terrazas dos establecementos hostaleiras da zona acompañando a unha consumición. A organización, que corre a cargo do Club Juventud Cambados, espera despachar entre 4.500 e 5.000 unidades nos tres días.

A música tamén terá cabida na oferta cultural e festiva deste domingo en Cambados. A Banda de Castrelo actuará no auditorio da Xuventude á unha da tarde cun repertorio especial. O concerto inclúe a actuación dos solistas María Pérez coa frauta, Alba Rodríguez co piano, Víctor Vázquez na batería, Fernando Amoedo, saxofón e Manuel Diz e Juan Carlos Portela nos trombóns.