Patrocinado por

Cambados Histórica terá lugar entre os días 19 e 21 de maio

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

VEN A GALICIA

MONICA IRAGO

A concellería de Cultura programa un mercado que lembra o dos séculos XVI e XVII, con espectáculos, circo, contacontos e moita diversión

03 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo dos séculos XVI e XVII, a praza de Fefiñáns acolleu un dos mercados máis importantes do Salnés. Co obxectivo de poñer en valor unha fecunda tradición, o Concello estreou o ano pasado a cita Cambados Histórica, que durante tres días enche o emblemático espazo de postos de comida, música, animación e espectáculos de circo e lume. En principio, ía celebrarse esta fin de semana, pero a concellería de Cultura tivo que adiala, de xeito que a escenificación terá lugar entre los días 19 e 21 de maio.

O mercado disporá de ambientación musical, cunha ruada dende Fefiñáns ata a praza de Alfredo Brañas, e diversos espectáculos e contacontos. Todos os días, en horario de mercado, os pequenos poderán gozar dun recuncho infantil, con xogos e atraccións ecolóxicas. O Concello propón alugar traxes históricos, que estarán a disposición da cidadanía no local de Zona Centro, na rúa Nova de Cambados.