A actividade organízase co gallo da conmemoración do Día dos Museos
18 may 2023 . Actualizado a las 14:48 h.O Centro de Interpretación das Conservas da Illa, instalado na antiga fábrica de Goday, retoma as visitas guiadas coincidindo coa conmemoración, este xoves, do Día Internacional dos Museos. A cita será o sábado 20, ás 17.30 horas, e é precisa reserva previa, que se pode formalizar a través da oficina de turismo (687 807 109 / turismo@ailladearousa.gal).
Esta actividade permitirá coñecer polo miúdo a historia da Illa de Arousa, onde as actividades relacionadas coa pesca e o marisqueo xa se realizaban dende moi antigo. Por outra banda, é un lugar idóneo para falar de como tivo lugar a Revolución Industrial de Galicia, moi relacionada coas industrias de pesca. Compre subliñar que sobre todo durante a primeira metade do século XX, na Illa de Arousa chegaron a estar en activo ata nove fábricas de conserva.
O itinerario do sábado inclúe a visita ao Muelle de Pau, á antiga fábrica de salgadura da familia Goday, á primeira fábrica de produción industrial de Galicia e ás casas modernistas.