Patrocinado por

Nathalie Poza e Luis Zahera, estrelas no Festival de Cans

La Voz

VEN A GALICIA

Kiko Huesca | EFE

Pola tarde haberá diversas proxeccións, entre elas a da longametraxe Sica, de Carla Subirana, e ás 20.00h. a actuación de Fillas de Cassandra no Torreiro

19 may 2023 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe • O Festival de Cans vivirá unha das súas xornadas grandes cunha programación moi ampla ao longo de todo o día. A primeira hora da mañá haberá un encontro coa invitada internacional desta edición, a realizadora franco-armenia Valérie Massadian no Baixo de Carlos. Ás 12.30 terá lugar un coloquio sobre “Honeymoon” no Torreiro no que participarán Enrique Otero, Nathalie Poza e Javier Gutiérrez, que posteriormente asistirá á colocación da súa nova Estrela no Torreiro. Pola tarde haberá diversas proxeccións, entre elas a da longametraxe Sica, de Carla Subirana, e ás 20.00h. a actuación de Fillas de Cassandra no Torreiro. Media hora antes (19.30h.) terá lugar a colocación da estrela de Nathalie Poza no Torreiro e ás 21.00 a de Luis Zahera. e despois celebrarase a Noite das Homenaxes, coa entrega dos distintos premios que concede á organización neste ano. O Pedigree de Honra será para o propio Zahera. Como remate actuación de Los Punsetes e EME DJ.