A coral Máximo Patiño pecha o ciclo Vocalis cun concerto en San Martín de Sobrán
VEN A GALICIA
A cita será ás oito e media da tarde na igrexa de San Martín de Sobrán
26 may 2023 . Actualizado a las 13:15 h.A música coral regresa a Vilaxoán este sábado da man da Asociación Cultural Polifónica Máximo Patiño. A agrupación local celebrará a partir das oito e media da tarde, na igrexa de San Martín de Sobrán, o concerto do ciclo Vocalis que se tivo aprazar hai unhas semanas debido a motivos persoais e familiares de varios compoñentes do grupo que lles impedían acudir á actuación. A entrada é libre e de balde. Co concerto en Vilaxoán ponse o punto e final ao segundo ciclo de música coral organizado pola Concellería de Cultura. Nesta edición participaron nove agrupacións polifónicas do municipio que ofreceron outros tantos concertos en distintas igrexas das parroquias e do centro de Vilagarcía. Ademais de descentralizar a oferta cultural levando a música ás distintas parroquias, o departamento que dirixe Sonia Outón, pretende con esta iniciativa dar a coñecer e fomentar a musica coral e poñer en valor a importante labor de recuperación do patrimonio musical popular.