Será este domingo, na 35.ª edición do Día da Muiñeira promovido pola asociación Xiradela
09 jun 2023 . Actualizado a las 19:28 h.Cee, A Laracha ou Carballo festexaron xa o seu Día da Muiñeira, mais aínda quedan outros, como o de Arteixo, con forte vencello a Ordes e comarca de Bergantiños. Tanto é así que foi a peza Muiñeira dos Queixas a elixida para bailar na 35.ª edición desta iniciativa promovida pola entidade Xiradela e prevista para este domingo ás 18.00 horas, no paseo do balneario. Tomarán parte 32 grupos dunha ducia de asociacións. Recollido ao cuarteto Os Queixas, desta parroquia de Cerceda, un grupo liderado por Manuel Gende, será o tema que bailen tres veces todas estas formacións, chegadas dende moi diversos puntos. Haberá, por suposto, representación da Costa da Morte, da man de Nemeth (Carballo) e Santa María de Torás (A Laracha), aínda que tamén se pode dicir que por parte de Xacarandaina, en tanto que moitos dos seus integrantes son orixinarios desta comarca. En total, unhas 282 personas, avanzan.