David Amor, monologuista: «Nunca se escoitou a frase 'Mamá quiero ser artista' na miña casa»
VEN A GALICIA
Xunto con Pablo Meixe e Danny- Boy Rivera están convidados o 16 de xullo para actuar no Ultreia et Suseia 2023, en Sarria
20 jul 2023 . Actualizado a las 17:58 h.David Amor (Salceda de Caselas, 1980) é un monologuista, comediante e actor de raíces galegas. Comezou os seus estudos na Universidade de Pontevedra, onde se quería licenciar en INEF, mais a súa longa traxectoria profesional no mundo da televisión deparoulle un novo camiño. Pasados uns anos decidiu deixala e dedicarse por completo a outra parte da súa vida que non coñecía.
O día 16 de xullo celébrase o Ultreia et Suseia 2023, Recuncho da Comedia, onde ademáis de poder desfrutar do seu humor, tamén serán protagonistas Pablo Meixe e Danny- Boy Rivera. O evento terá lugar no Auditorio Meigas e Trasgos, Sarria as 20:30 horas. As entradas pódense adquirir en Ataquilla.com por un prezo de 15 euros.
-Cal é a súa traxectoria profesional no mundo da televisión?
-Toda? [risas] Iso non vai ser curto [máis risas]. No mundo da comedia comecei no ano 2001 nun programa da televisión de Galicia, O rei da comedia. Máis adiante pasei a formar parte doutro, chamado Supermartes e, en paralelo a actuar con Fran Hermida. Facíamos contadas e monólogos polos bares, estivemos xuntos 3 ou 4 anos. Despois presentei un programa de karaoke SuperMaster, e no ano 2010 din o salto nacional ao Club del Chicle. A partir de aí comecei a actuar en solitario nos monólogos. Acabei actuando en GynTonic, Tu cara me suena... e así ata hoxe, de forma un pouco resumida. Tamén me dediquei ao balonmán ata non fai moito. O da lesión que sufrín no é como se conta, lesioneime no ano 2000 mais logo xoguei en primeira división no 2006 e 2007. Agora xa non xogo porque teño unha idade para retirarme diso, xa moito aguantei [risas].
-O seu verdadeiro nome é David López, de onde xurde a idea de David Amor?
-Sendo sincero quería diferenciar a parte artística da persoal, porque a artística é a parte da miña vida que ten algo que aportar. O nome apareceu no Supermaster, cando o presentador Xose Manuel Piñeiro decidiu que tiña que ter un nome artístico. Houbo unha reunión con todo o equipo e decidiron buscar unha rima; de aí saíu 'David Amor... do espectador'. Todo o mundo me comezou a chamar así e ata hoxe.
-Cómo lle gusta pasar o seu tempo libre?
-A día de hoxe estou moi metido no mundo da bicicleta, a verdade é que me gusta todo aquilo que esté relacionado ca natureza e co deporte. Ademáis, vivindo en Galicia é algo marabilloso, é un lugar perfecto para aproveitalo e é unha maneira moi bonita de descubrir esta comunidade.
-Algunha vez se planteou converterse en monologuista sendo un cativo?
-Non, de feito a miña ilusión era ser mestre de Educación Física, por eso comecei a estudar a licenciatura. O tema do humor sempre me gustou pero máis como espectador que como protagonista. Nunca se escoitou a frase 'mamá quiero ser artista' na miña casa.
-Cómo describiría o seu humor?
-Diría que branco e cotián [risas].
-O mundo da televisión sempre se presenta como algo bo, divertido... Hai algo que lle gustaría que a xente soubese sobre iso?
-Canto menos se saiba mellor, a maxia está niso. Cando ves un truco de maxia se ves a 'trampa' xa non resulta tan interesante. O bonito é que a xente pense que é marabilloso, super bonito, fantasía e diversión, porque para miseria xa ten cada un as súas.
-Síntese máis cómodo actuando na súa terra (Galicia) ou non ten unha preferencia moi marcada?
-Gústame moito máis actuar en Galicia que noutros sitios. É onde me criei e onde estou máis cómodo, controlo máis o contexto e creo que podo chegar mellor a xente.
-Cal foi a túa mellor experiencia na televisión?
-Non sería capaz de decidir tan só unha. Se repasamos un pouco a miña carreira, daste conta de que fixen moitas cousas distintas, moita variedade. Hai moita tendencia de 'A quien quieres más a papá o a mamá? [risas] pero eu querolle moito aos dous; ca miña carreira ocorre o mesmo, e no seu momento, co deporte pasou igual. Moita xente dicía 'tes que escoller televisión ou deporte' e decidín facer todo, porque todo me aporta e todo se retroalimenta. Creo que é bonito facer moitas cousas distintas que permitan que non me aburra de nada. Presentei programas de rapaces, participei en concursos, fun actor de dramático... Cómo nos imos quedar cunha sola cousa cando todo é diferente? Por exemplo: qué prefires flan de queixo ou costela? Non teñen nada que ver unha cousa ca outra, unha é unha comida e a outra unha sobremesa, e o bonito é facelo todo xunto, tomar a costela primeiro e de sobremesa tomar o flan. No meu caso penso que ocorre o mesmo, o que me fai ser quen son hoxe en día creo que é ese todo que fixen, polo que non me podería quedar solo cunha cousa.
-É a primeira vez que ven ao Ultreia et Suseia- Recuncho de Comedia?
-Non, afortunadamente xa actuei en Sarria varias veces. Ademáis estou moi feliz de voltar e de repetir a experiencia con estes dous grandes compañeiros (Pablo Meixe e Danny- Boy Rivera).