Patrocinado por

Ribadeo disfruta a tope o Vendaval Fest co concerto estelar de Herdeiros da Crus

La Voz

VEN A GALICIA

ANA GARCIA

Este sábado día grande deste festival con Ritmo Vudú, Beetle Judge, La Tarrancha e Herdeiros entre outros

22 jul 2023 . Actualizado a las 14:49 h.

Ribadeo acolle esta fin de semana o Vendaval Fest. Un festival de nova creación. Desde a asociación Catro Caños Arturo Iglesias contou que “o día 22, este sábado, empezamos a mediodía coa sesión vermú na Praza do Cantón, que será amenizada pola Duendeneta e haberá un mercadiño organizado por nosoutros e pola asociación Vacas Fracas. Posteriormente, tamén na zona vella a Duendeneta poñerá música. Alí xa poderemos empezar a quentar motores cuns vermús e cunhas cervexiñas. Despois, pola tarde ás 19.30 horas abriranse as portas e empezará o Vendaval Fest cunha sesión dunha hora da Duendeneta”.

“O primeiro grupo empezará ás 20.30 horas, que será Ritmo Vudú, e xa dende aí ata ás 4.30h da mañá Beetle Judge, posteriormente La Tarrancha e Herdeiros da Crus sobre ás 00.30 horas. Finalmente xa remataremos con Gansos Rosas. Ao día seguinte, para que a xente non durma moito, faremos outra sesión vermú na Praza de Abastos. As propias foodtrucks que imos ter dentro do recinto saíran para fóra. Dun lado da praza estará o Mercado dos Domingos, como sempre no verán, e doutro lado da praza teremos unha sesión vermú tamén amenizada pola Duendeneta como o día anterior”.

Desde a asociación Catro Caños engaden que “queríamos traer algo distinto e que o fin de semana sexa algo máis completo. A nosa expectativa é que a xente veña, que disfrute moito, que vaia con bo sabor de boca e queira repetir o ano que vén. Incluso que poda facerse moitos anos este festival. Agora, canta máis xente veña mellor, estamos preparados para enche o aforo, que é grande. As expectativas son as mellores posibles”.