Este é o programa completo do San Froilán de Lugo do 2025: Tanxugueiras o día 4, Xoel López o 5 e Guadi Galego o 12

VEN A GALICIA

El Consorcio, orquestras, grupos locais, maxia e espectáculos de rúa completan o programa deste ano
24 sep 2025 . Actualizado a las 12:54 h.Este venres, 26 de setembro, arrancará oficiosamente o San Froilán de Lugo coa apertura do recinto feiral, o que permitirá a lucenses e visitantes gozar xa das atraccións e das casetas do polbo. Pero o inicio oficial das festas non será ata o 4 de outubro, véspera do día do patrón e cando se dará o pistoletazo de saída a unha programación cargada de música e actividades. Os concertos de Tanxugueiras, Xoel López ou Guadi Galego convivirán con orquestras, música folk, concertos de artistas locais e música nas rúas.
SÁBADO 4
- 10.00 h. XXXII Feira do Mel. Praza da Soidade. Cata de mel ás 12h. Obradoiro de globoflexia das 17h ás 20h.
- 10.00 h. III Feira de Olería Lugo Tradicional (FOLT) na praza Santo Domingo (fronte á Praza de Abastos). Inauguración o día 3 ás 12h. Horario; das 10 ás 21h.
- 11.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción de varias pezas artísticas con materiais autóctonos da man de Corazóns Artesáns, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 11.00h ás 13.30h).
- 11.00 h. EXPOLUGO. Exposición de razas autóctonas da Galiza; Das 10:00 ás 20:00 h na carpa xunto ao Vello Cárcere. Bovino: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Charolesa e Rubia Galega. Ovino: Ovella Galega, Suffolk, Charolesa, Romanov, Churra e Texel negra. Caprino: Cabra Galega e Boer. Porcino: Porco Celta. Aves: Galiña de Mos e Galiña Piñeira. Equino: Pura Raza Galega. Cans: Can de Palleiro e Maquinaria Clásica.
- 11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.
- 12.00 h. Pregón a cargo de Mª Cristina Lombao Ramos no balcón da Casa do Concello.
- 12.30 h. Os Pelúdez entre nós + Xigantes e Cabezudos + Cántigas e Frores no pregón, praza Maior, Campo Castelo, rúa San Pedro, Progreso e Raíña.
- 13.00 h. Verbena coa orquestra Neverloura na Mosqueira.
- 17.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción de varias pezas artísticas con materiais autóctonos da man de Corazóns Artesáns, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 17.00h ás 20.00h).
- 17.00 h. SOUNDSYSTEM NO CAMIÑO con obradoiros, exposicións e as actuacións de WANDEM SOUNDSYSTEM + PINTEGA SISTEMA DE SON + DUB MONO HIFI + DUB IN SOUL, no Pazo De Feiras até ás 05.00h.
- 18.30 h. Actuación de CLAUSTRO MÚSICA no templete da praza Maior.
- 19.00 h. XX SANFROIDANCE coas actuacións de OZETAK + FONKI CHEFF + KR-ON + VILOUTA + PAYBALL + FER MESA + BEATMAC, na praza da Mosqueira das 19h ás 01.30h.
- 20.00 h. Pasarrúas de A Volta do Agro pola Tinería, rúa Nova e praza da Soidade.
- 21.00 h. Concerto de LUCÍA PÉREZ na praza Santa María.
- 21.30 h. Pasarrúas coa charanga MEKANIKA ROLLING BAND por Recatelo, praza Maior e Campo Castelo.
- 22.00 h. Concerto de TANXUGUEIRAS na praza Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Diego Flâneur & Ünder.
- 23.30 h. Concerto de DAKÍDARRIA na praza Santa María.
- 01.00 h. FESTICULTORES TROUPE na praza Santa María.

DOMINGO 5 (SAN FROILÁN)
- 10.00 h. XXXII Feira do Mel. Praza da Soidade. Obradoiro de velas das 12h ás 14h.
- 10.00 h. III Feira de Olería Lugo Tradicional (FOLT) na praza Santo Domingo (fronte á Praza de Abastos). Horario; das 10 ás 19h.
- 11.00 h. EXPOLUGO. Exposición de razas autóctonas da Galiza; Das 10:00 ás 14:30 h na carpa xunto ao Vello Cárcere. Bovino: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Charolesa e Rubia Galega. Ovino: Ovella Galega, Suffolk, Charolesa, Romanov, Churra e Texel negra. Caprino: Cabra Galega e Boer. Porcino: Porco Celta. Aves: Galiña de Mos e Galiña Piñeira. Equino: Pura Raza Galega. Cans: Can de Palleiro e Maquinaria Clásica.
- 11.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción de varias pezas artísticas con materiais autóctonos da man de Corazóns Artesáns, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 11.00h ás 13.30h).
- 11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.
- 12.00 h. Ofrenda da Corporación municipal a San Froilán, na Catedral de Lugo.
- 12.00 h. Pasarrúas de Os Picurruchos pola rúa Quiroga Ballesteros, praza de Santo Domingo e praza da Soidade.
- 12.00 h. Pasarrúas de Caivanca pola rúa Nova, Tinería e praza da Soidade.
- 12.00 h. Pasarrúas de Cántigas e Frores pola rúa Camiño Real e praza da Milagrosa.
- 12.00 h. Pasarrúas de Foliada de Bosende por Recatelo e Recinto Feiral.
- 13.00 h. Verbena coa orquestra SUAVECITO, sesión vermut, tarde e DJ Casanova ata ás 0.00h, na praza de Augas Férreas.
- 13.00 h. Concerto da BANDA FILHARMÓNICA DE LUGO + BANDA DE MÚSICA DE VILALBA na praza de Santa María.
- 13.00 h. Concerto de MOCHO GRIS na praza da Mosqueira.
- 12.30 h. Espectáculo itinerante “PILOTS” de La Finestra. Espectáculo teatral itinerante para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 13.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación “50 (1975-2025)” na praza do Castiñeiro.
- 13.30 h. XIII Desfile de Gando tradicional do San Froilán. Percorrido: tramo peonil da ronda da Muralla, praza da Constitución, Campo Castelo, praza Maior e Bispo Aguirre. Coa actuación de Reviravolta e Os Pelúdez entre nós.
- 17.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción de varias pezas artísticas con materiais autóctonos da man de Corazóns Artesáns, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 17.00h ás 20.00h).
- 17.30 h. Espectáculo itinerante “PILOTS” de La Finestra. Espectáculo teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 17.30 h. Os Pelúdez no Cemiterio San Froilán. Visita guiada polo cemiterio da man de Os Pelúdez
- 18.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación “50 (1975-2025)” na praza do Castiñeiro. Pases ás 18.00, 19.30 e 21.00h.
- 18.00 h. IX Concurso MISS DEUSA co Colectivo ALAS na praza da Mosqueira.
- 19.00 h. Verbena galega d'antes. Espectáculo participativo. Ás 19h, chegada das merendas, gaiteiros e figurantes, ás 19.30h comezo da verbena coa actuación de Airiños da Freba e bailador@s de Oxeito, ata ás 21h na praza Maior (Quiosco da música).
- 20.00 h. Pasarrúas de Airiños de Orbazai pola rúa Rafael de Vega, Montero Ríos, Paxariños e Ramón Montenegro.
- 20.00 h. Pasarrúas de Bloco Meigallo pola Tinería, rúa Nova e praza da Soidade.
- 20.00 h. Pasarrúas de Falso Teito pola Fonte do Rei, rúa san Roque e praza Mártires de Carral.
- 20.00 h. VI ELECTRONIC LUCUS FEST coas actuacións de DJ FRISCO & MARCOS PEÓN, JACOBO GÓMEZ, JUAN CHOUSA E JOSE FOUCE das 20.00 h ás 02.00 h na praza da Mosqueira.
- 21.00 h. Concerto de CRISTINA BRANCO na praza Santa María.
- 22.00 h. Concerto de XOEL LÓPEZ na praza Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Funámbula e os ceos quebradizos.
- 23.00 h. Verbena coa orquestra STEREO na praza Maior.
- 23.30 h. Concerto de BIZNAGA na praza Santa María.
- 01.00 h. FESTICULTORES TROUPE na praza Santa María.

LUNS 6
- 11.00 h. Xigantes e Cabezudos polo Campo Castelo e praza Maior coa actuación musical de Tambukda.
- 12.00 h. Pasarrúas de Tambukda por Recatelo.
- 12.00 h. Pasarrúas de O Son do Pucheiro pola Ronda das Fontiñas.
- 12.00 h. Pasarrúas de Biouteiro Astelu polo Barrio da Ponte.
- 12.30 h. Espectáculo itinerante “CIRCO KRASNOBARAK” de Troula. Espectáculo teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 13.00 h. Concerto de PANOSEDÁN na praza Santa María.
- 13.00 h. Concerto de XEOSMINA na praza da Mosqueira.
- 13.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación “50 (1975-2025)” na praza de Augas Férreas.
- 17.30 h. Espectáculo itinerante “CIRCO KRASNOBARAK” de Troula. Espectáculo teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 18.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación “50 (1975-2025)” na praza de Augas Férreas. Pases ás 18.00, 19.30 e 21.00h.
- 19.00 h. Pasarrúas de Estoupacaldeiros por Augas Férreas.
- 20.00 h. Pasarrúas de A volta do Agro polos Barrios de Albeiros e as Gándaras.
- 20.00 h. Concerto de BANDA FILHARMÓNICA + CÁNTIGAS E FRORES na praza da Mosqueira.
- 20.00 h. Pasarrúas de Biouteiro Astelu polo Sagrado Corazón.
- 21.00 h. Concerto de PATAX na praza Santa María. Teloneiros: Filophóbicas.
- 22.00 h. Concerto de MR HATHAWAY na praza da Mosqueira.
- 22.00 h. Concerto de SONDESEU na praza Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Milesios.
MARTES 7(Día dos maiores).
- 12.00 h. Pasarrúas de Caivanca pola rúa Quiroga Ballesteros, Mercado Municipal, Praza de Abastos e praza Santo Domingo.
- 18.00 h. Verbena coa orquestra PRINCIPAL na praza Maior.
- 19.00 h. Letra das Festas 2025 (a revista oral do San Froilán), Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán. Lembranzas e sucedidos das nosas festas, no Centro Cultural Vello Cárcere.
- 19.30 h. Pasarrúas de Airiños de Orbazai polos barrios de Albeiros e Gándaras.
- 20.00 h. Pasarrúas de Foilada de Bosende por Recatelo e Recinto Feiral.
- 20.00 h. Pasarrúas de Estoupacaldeiros pola Avenida das Américas e rúa Marqués de Ombreiro.
- 20.00 h. Concerto de VRASICA na praza da Mosqueira.
- 20.00 h. Concerto de ZARANDELA na praza de Santa María.
- 21.00 h. Concerto de IRMAUS DA RAIA SECA na praza de Santa María.
- 22.00 h. Concerto de UNTIDES na praza da Mosqueira.
MÉRCORES 8
- 19.00 h. Presentación do número 22 da Colección San Froilán dos Devanceiros: “VIVA O SAN FROILÁN 2018-2024. Fotografías e ilustracións” V.V.A.A. no centro cultural O Vello Cárcere.
- 20.00 h. Pasarrúas de XAORA pola Avenida da Coruña.
- 20.00 h. Concerto de CANTAREIRAS D'XANARES na praza da Mosqueira.
- 20.00 h. Pasarrúas de Caivanca polas rúas Rafael de Vega, Montero Ríos, Paxariños e Ramón Montenegro.
- 20.30 h. Actuación da TAMBUKDA polo recinto histórico, zona dos viños e Tineria.
- 21.00 h. Concerto de UXÍA; Será por flores na praza Santa María. Ás 20.00h Teloneiros: Nebra.
- 22.00 h. Concerto de EL NIDO na praza da Mosqueira.

XOVES 9
- 17.00 h. Actuación de “PITUQUITO LITERAL” de Trécola Producións, espectáculo para público familiar na praza da Soidade.
- 17.00 h. IX ESPAZO HIP HOP coas actuacións de IVÁN CANO + MIDAS ALONSO + BATALLAS DE GALOS, na praza da Mosqueira até ás 00.00h.
- 20.00 h. Pasarrúas de Son de Lugh polas rúas Ourense, Lamas de Prado e praza do Castiñeiro.
- 20.00 h. Pasarrúas de Xaora pola Fonte do Rei, rúa San Roque e praza Mártires de Carral.
- 21.00 h. Concerto de VERA FAUNA na praza Santa María. Ás 20.00h Teloneiros: Jade4.
- 23.30 h. Concerto de BALA na praza Santa María.
VENRES 10
- 12.00 h. Pasarrúas de Foliada de Bosende pola rúa Quiroga Ballesteros, Mercado Municipal, Praza de Abastos e praza Santo Domingo.
- 17.00 h. Actuación de “FAMILIA UNIDA” de Mircromina Títeres, espectáculo para público familiar na praza da Soidade.
- 18.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación “50 (1975-2025)” no Sagrado Corazón. Pases ás 18.00, 19.30 e 21.00h.
- 19.00 h. Xigantes e Cabezudos polo Campo Castelo e praza Maior coa actuación musical de Falso Teito.
- 19.00 h. Actuación de “FAMILIA UNIDA” de Mircromina Títeres, espectáculo para público familiar na praza da Soidade.
- 20.00 h. Pasarrúas de Falso Teito por rúa Progreso, Raíña, San Pedro e Campo Castelo .
- 20.00 h. SAN FROILÁN SORRÍ, o recuncho da comedia; Espectaculo teatral de humor coas actuacións de JAVITO RIVAS + OSWALDO DIGÓN na praza da Mosqueira.
- 20.00 h. Pasarrúas de Reviravolta por Recatelo.
- 20.00 h. Pasarrúas de A volta do Agro por Camiño Real.
- 20.00 h. Concerto de MADAME RACHEL na praza da Mosqueira.
- 20.00 h. Os Pelúdez entre nós pola zona dos viños.
- 21.00 h. Concerto de NOGEN na praza Santa María. Ás 20h Teloneiros: Punk Kon Queixo.
- 22.00 h. Concerto de LÍA KALI na praza Horta do Seminario. Teloneiros: Verter GZ.
- 23.00 h. Verbena co grupo ARIZONA na praza Maior.
- 23.30 h. Concerto de PONY PISADOR na praza Santa María.
- 00.00 h. FACELA FEST NO SAN FROILÁN. Sesión musical cos DJ FACELA na praza da Mosqueira até ás 2.00h.
- 00.30 h. A DUENDENETA na praza da Soidade.
SÁBADO 11 (Dia de Ferrol).
- 11.00 H. Recepción oficial á Corporación do Concello de Ferrol no salón de plenos na Casa do Concello.
- 11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.
- 11.00 h. "V SALTAR NA RÚA - MILLA POPULAR LUCUS" na praza Horta do Seminario. Exhibición de saltos ás 11.00h e milla popular urbana ás 13.00h.
- 12.00 h. Pasarrúas de Airiños de Orbazai pola rúa San Marcos, Montevideo. Bolaño Ribadeneira, Nova e praza do Ferrol.
- 12.30 h. Concerto de BANDA DE MÚSICA SONS E SOÑOS na praza da Mosqueira.
- 12.30 h. Espectáculo itinerante “RUM RUM” de Xip Xap Teatre. Espectáculo teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 12.30 h. Os Pelúdez entre nós polo Recinto Feiral.
- 13.00 h. XXII FESTIVAL DE CULTURA TRADICIONAL coa Asociación Cultural Cántigas e Frores e coas actuacións de Asociación Cultural Cántigas e Frores e Asociación Cultural Rebulir na praza Santa María.
- 17.30 h. Espectáculo itinerante “RUM RUM” de Xip Xap Teatre. Espectáculo teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo..
- 18.00 h. Actuación de A VOLTA DO AGRO na praza de Santo Domingo.
- 18.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación “50 (1975-2025)” na praza Agro do Rolo. Pases ás 18.00, 19.30 e 21.00h.
- 18.00 h. Verbena coa orquestra OCA BAND, e DJ Manu Chady ata ás 0.00h, na praza de Augas Férreas.
- 19.00 h. Pasarrúas de Treboada por Augas Férreas e rúa Alfonso X.
- 20.00 h. Pasarrúas de Os Picurruchos pola Ronda das Fontiñas.
- 20.00 h. Pasarrúas de Petiscos de Balde polo Barrio da Ponte.
- 20.00 h. Pasarrúas de Tambukda pola Tinería.
- 20.00 h. Concerto de SIGILU na praza da Mosqueira.
- 21.00 h. Concerto de QUERALT LAHOZ na praza Santa María.
- 22.00 h. Concerto de ANXO ARAUJO na praza da Mosqueira.
- 22.00 h. Concerto de EL CONSORCIO na Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Iria Estévez e Luis Monsalve, cuarteto de corda.
- 23.00 h. Verbena coa orquestra COSTA DORADA na praza Maior.
- 23.30 h. Concerto de DE NINGHURES na praza Santa María.
- 00.30 h. A DUENDENETA na praza da Soidade.

DOMINGO 12 (Domingo das mozas).
- 10.30 h. Inauguración da “Volta ao Medievo” ao carón da Catedral de Santa María. Feira Medieval organizada pola Asociación de antigas alumnas e alumnos da escola de Arte e Superior de deseño Ramón Falcón. Actuacións musicais, desfiles, xogos e máis até as 22.00h.
- 11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.
- 11.00 h. 53ª Edición do Desfile do traxe galego na praza Maior con Cántigas e Frores.
- 11.30 h. XXVII Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, polo recinto histórico. Das 11:30h ás 13.45h e das 17.00h ás 18.00h. Participan: Sadeo pandeireteiras, Senfol gaiteiros, Par de Par, Gaiteiros da Ría, Sons de Abrente, Maghúa Pandeireteiros, Os Fondaos do Pífaro, Pingarela, Os Monifates e Tumba e Dalle
- 12.00 h. Ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Branca Villares no Parque de Rosalía de Castro. Coa actuación musical do Coro de Cántigas e Frores.
- 12.30 h. Concerto de: Banda de música municipal de A Estrada na praza San Marcos.
- 13.00 h. FACELA FEST NO SAN FROILÁN. Sesión musical cos DJ FACELA na praza da Mosqueira até ás 14.30h.
- 13.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación “50 (1975-2025)” na praza Agro do Rolo.
- 13.00 h. “Os cegos no Camiño” Encontro de romanceiros medievais, cegos e Lazarillos procedentes de toda Galiza na rúa San Pedro, Bo Xesús, praza Maior, praza do Campo e praza Pío XII.
- 17.30 h. Espectáculo itinerante “TRANSHUMANCIA” de Xip Xap Teatre. Espectáculo itinerante teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 18.00 h. Concerto de AS LAGHARTEIRAS na praza Santa María.
- 18.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación do mago Xulio Merino na praza do Castiñeiro. Pases ás 18.00, 19.30h e 21.00h.
- 18.30 h. III Festival de cultura tradicional do San Froilán Miúdo na carpa do San Froilán Miúdo.
- 19.30 h. Espectáculo itinerante “TRANSHUMANCIA” de Xip Xap Teatre. Espectáculo itinerante teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 19.00 h. “Os cegos no Camiño” Encontro de romanceiros medievais, cegos e Lazarillos procedentes de toda Galiza na rúa San Pedro, praza Maior, praza do Campo e Bo Xesús.
- 19.00 h. Concerto de ABRIL na praza da Mosqueira.
- 20.00 h. Concerto de FIANDOLA na praza Santa María.
- 21.00 h. Concerto de LOITA AMADA na praza da Mosqueira.
- 22.00 h. Concerto de GUADI GALEGO na Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Laura LaMontagne.
- 23.00 h. Verbena coa orquestra ACORDES na praza Maior.