A programación dos tardeos e noiteos de Lugo, ao completo para o mes de xuño
ACTUALIDAD
O Concello extenderá as actividades ata o mes de setembro
20 jun 2022 . Actualizado a las 12:03 h.Este venres comeza en Lugo unha nova edición dos tardeos e noiteos de verán, cos que o Concello de Lugo pretende encher os barrios de actividades e potenciar así o consumo e a economía local.
A través do programa Localmente Lucense, os socialistas impulsarán actividades en todos os barrios da cidade ata o mes de setembro. Os tardeos, con propostas sobre todo para os máis pequenos, serán de 17.00 a 20.00 horas, mentres que os noiteos, con concertos monólogos ou teatro, irán de 22.00 a 00.00 horas.
A programación dos tardeos e noiteos para o mes de xuño é a seguinte:
17 DE XUÑO DE 2022, VENRES:
17:00-20:00 h Tardeo (Praza O Castiñeiro)
• Carriño musical
•Xogando no barrio (xogos xigantes interxeracionais)
• DJ Popy García
22:00-00:00 h Noiteo (Praza Augas Férreas)
• La Disquetera (actuación musical)
18 DE XUÑO DE 2022, SÁBADO:
22:00-00:00 h Noiteo (Cruce Calzada As Gándaras)
• Lois Pérez (monologuista)
20 DE XUÑO DE 2022, LUNS:
17:00-20:00 h Tardeo (Praza Augas Férreas)
• Carriño musical
• A feira no teu barrio (xogos xigantes interxeracionais)
• DJ Mr. Fishman
21 DE XUÑO DE 2022, MARTES:
22:00-00:00 h Noiteo (Praza Campo Castillo)
• Wicked World (actuación musical)
25 DE XUÑO DE 2022, SÁBADO:
22:00-00:00 h Noiteo (Praza Camiño Primitivo)
• ¿Pero cómo que señor? (actuación musical)
27 DE XUÑO DE 2022, LUNS:
22:00-00:00 h Noiteo (Praza Viana do Castelo)
• PerGuiZán (actuación musical)
29 DE XUÑO DE 2022, MÉRCORES:
22:00-00:00 Noiteo (Praza da Milagrosa)
• Muller (actuación musical co dueto con ollada feminina con Noelia Geada e David Taboada)
30 DE XUÑO DE 2022, XOVES:
17:00-20:00 h Tardeo (Praza do Camiño Primitivo)
• Carriño musical
• Spiribol Challenge
• DJ Kron
22:00-00:00 Noiteo (Praza da Soedade)
• Mago Rafa (actuación de maxia)