Patrocinado por

Pontevedra recupera «Jazz no Principal» con dous concertos os días 12 e o 26 deste mes

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

ACTUALIDAD

Luis Carballo, do Seminario, e Carme Fouces, presentaron este luns os concertos Jazz no Principal
Luis Carballo, do Seminario, e Carme Fouces, presentaron este luns os concertos Jazz no Principal CONCELLO DE PONTEVEDRA

Os protagonistas serán Abe Rábade e Paco Charlín

10 oct 2022 . Actualizado a las 19:13 h.

Logo de dous anos de parón, Jazz no Principal volve á súa casa. Inmersos no seu vixésimo aniversario, o Seminario Permanente de Jazz (SPJ) quere celebrar por todo o alto esta efeméride, e en colaboración có Concello de Pontevedra prográmanse dous concertos, o mércores 12 e o mércores 26 de outubro, ambos ás 21 horas. O SPJ contará con Abe Rábade o día 12 e Paco Charlín o 26 para esta nova edición do Jazz no Principal, dúas figuras de relevancia internacional, que contarán coa presenza de varios artistas convidados para esta ocasión.

Tal e como sinalan desde o SPJ, «esta completa programación afonda unha vez máis esa idea sempre presente no facer do Seminario, o decidido apoio e dinamización do jazz e os novos jazzistas galegos».

«Seguimos navegando con esa nave da cultura que é o Teatro Principal, que xa comeza a coller ritmo e encherse de contido despois do parón das obras e da pandemia, e volve un clásico como é Jazz no Principal», sinalou a concelleira de Cultura, Carme Fouces (BNG), na presentación do ciclo.

A entrada xeral para cada concerto é de 3 euros, e pode ser adquirida en ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.