Patrocinado por

Barrantes celebra a súa Festa da Vendima

La Voz

ACTUALIDAD

Martina Miser

Celebrada no centro social do núcleo ribadumiense, contou con Dúo Caché á hora de lle pór o contrapunto musical ao banquete

13 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Como cada ano, a asociación de veciños de Barrantes conmemorou a fin da época da colleita coa Festa da Vendima. O programa incluíu unha alborada a cargo de Os Carballeiras de Vilariño e a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia. A continuación, na capela oficiouse unha misa cantada polo coro O Noso Aire, de Meis, na honra de San Miguel, o patrón das uvas. Logo dunha degustación de boliños preñados e viño tinto novo tivo lugar a clásica comida de confraternidade. Celebrada no centro social do núcleo ribadumiense, contou con Dúo Caché á hora de lle pór o contrapunto musical ao banquete. foto MARTINA MISER