Patrocinado por

A Terra Chá recupera os desfiles

Laura López LUGO / LA VOZ

VEN A GALICIA

Desfile de Entroido en Guitiriz, no 2020, antes da pandemia
Desfile de Entroido en Guitiriz, no 2020, antes da pandemia SUSO PENA

Volven os actos de Entroido á comarca

21 feb 2022 . Actualizado a las 13:16 h.

A comarca da Terra Chá recupera este ano os actos presenciais do Entroido, con desfiles, concursos e actuacións musicais.

Vilalba

Martes 1. O desfile sairá ás 17.00 da Rúa Castelao, irá por Campo de Puente, Rúa da Pravia e Praza da Constitución. Haberá premios nas categorías infantil e xuvenil e adultos (individual, parella e comparsa), ademais de premios especiais.

Mércores 2. Enterro da Sardiña, ás 20.00 na Praza da Constitución. Haberá chocolate con churros.

Guitiriz

Martes 1. A asociación Xermolos, en colaboración co Concello, organiza o tradicional desfile, ás 17.00 desde a Ponteveiga, con premios en categorías individual, parellas e comparsas. A continuación, haberá festa no Campo da Feira (ou no pavillón, en caso de mal tempo). Ademais, propoñen o reto de encher o pobo de mecos. Para iso, hai que subir unha foto do meco ás redes sociais co hashtag #mecoxermolos22. O meco gañador será indultado e o resto serán retirados para queimalos no desfile do Martes de Entroido.

Cospeito

Venres 25. Festa de Entroido no pavillón, con categorías infantil e adultos (individual, parellas e comparsas). Sortearase unha cesta típica do Entroido, haberá chocolate con churros, desfile e ás 22.00 horas actuación do Dúo Estrellas.

Meira

Luns 28. Animación musical a partir das 19.00 horas a cargo da Charanga NBA. A partir das 22.00, festa e baile no polideportivo, coa actuación do Dúo Época. O concurso de disfraces terá lugar a partir da medianoite, con premios para as cinco categorías. Ademais, a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira sortearán un lote de produtos típicos de Entroido.

Castro de Rei

Martes 1. Recuperan o Entroido de Val de Francos, de Ansemar, Balmonte e Goberno. A festa comezará ás 16.00 horas coa actuación de Os Valuros, de Castro de Rei. Ás 16.30 inaugurarase a exposición fotográfica dos «30 anos de Antroido», a cargo de Francisco Balado, alcalde, e Xosé Manuel Blanco, escritor e doutor en Historia.

De seguido, chegará o Antroido ao Campo do Carril, lerase o sermón e queimarase o Antroido. Ás 17.45 haberá música a cargo do Dúo Estrellas e sorteo de produtos típicos do Entroido. E ás 19.00, actuación da actual recanteira pola Terra Chá, Marta Pacín, e baile coa orquestra Finisterre e o Dúo Estrellas, ata a madrugada.

Rábade

Martes 1. Concurso e desfile de máscaras, ás 17.00. Desde o Concello propuxeron renderlle homenaxe á máscara, unha peza que se converteu en imprescindible coa pandemia. «Reciclada, creada, mercada, tuneada... fai voar a túa imaxinación. E a vestimenta e os complementos terán que ir acordes coa máscara», explican. Haberá premios nas categorías de comparsas e parellas ou individuais. As inscricións faranse ese mesmo día ás 16.00 horas na Praza de España.

Begonte

Sábado 5 de marzo. Festa de Entroido en Baamonde, a partir das 16.30 horas, con premios para os mellores disfraces individuais e en comparsas.

Riotorto

Martes 1. Festa de Entroido infantil no pavillón, de 17.00 a 20.00 horas. Haberá chocolate con churros.

Xermade

Luns 28. Concurso de Entroido no pavillón municipal a partir das 19.30 horas.