Patrocinado por

A Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

LA VOZ LUGO

VEN A GALICIA

Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, con el alcalde visitando los puestos
Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, con el alcalde visitando los puestos Óscar Cela

O alcalde destaca que esta distinción dará máis visibilidade aos produtos do municipio

21 abr 2022 . Actualizado a las 18:41 h.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, acaba de anunciar que o municipio recibiu un gran recoñecemento para a súa Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, que foi declarada pola Xunta como Festa de Interese Turístico de Galicia. O rexedor amosouse moi contento, logo de que ademais a edición 28 desta feira, celebrada o pasado 20 de marzo, fora un total éxito de vendas e de público asistente.

Jose Ángel Santos recoñece que «estamos moi contentos, ilusionados e moi agradecidos de que por fin a nosa gran feira sexa recoñecida, xa que isto é algo que levabamos un tempo esperando». Tamén indica que «con este recoñecemento poranse os nosos produtos no lugar que se merecen, a súa visibilidade será incluso maior, e o noso municipio en xeral tamén se verá favorecido porque este recoñecemento sempre fai que acudan mais visitantes, polo que será mais coñecido en toda Galicia, e incluso fora dela».

O alcalde de Friol quere agradecer, dun xeito especial, Xunta de Galicia a implicación e as facilidades que brindaron para xestionar e levar a cabo este recoñecemento tan importante para este municipio lucense. A feira desde ano recuperouse logo de dous anos sen poder celebrarse por culpa da pandemia.