Patrocinado por

Os museos da Rede Provincial de Lugo estrean novos horarios

Laura López LUGO / LA VOZ

VEN A GALICIA

O Museo Provincial de Lugo acolle unha exposición sobre Quique Guerra
O Museo Provincial de Lugo acolle unha exposición sobre Quique Guerra

Os cambios estarán en vigor ata o 30 de outubro

11 jun 2022 . Actualizado a las 21:39 h.

Os museos da Rede Museística Provincial de Lugo estrean novo horario de verán, ata o 30 de outubro. Segundo explican desde a Rede, esta modificación adoptouse tras un estudo sobre os hábitos dos visitantes nesta época do ano e os dereitos laborais do persoal que os atende. No caso do Museo Provincial, por exemplo, pasa de abrir en horario continuado de 9.00 a 21.00 horas pola semana, a facelo en xornada partida, durante menos horas e pechando os luns.

Os novos horarios que acaban de entrar en vigor son os seguintes:

· Museo Provincial de Lugo. De martes a sábado, de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.30. Domingos e festivos, de 10.00 a 16.00. Luns pechado

· Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol). De martes a domingo, incluídos festivos, de 10.00 a 20.00. Luns pechado

· Museo Provincial do Mar (San Cibrao). De martes a domingo, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00. Festivos, de 11.00 a 14.00. Luns pechado

· Museo Pazo de Tor (Monforte). De martes a domingo, incluídos festivos, de 11.00 a 13.30 e de 16.15 a 19.30. Visitas guiadas concertadas: 11.00, 12.30, 16.15, 17.30 e 18.30. Luns pechado